Comprometidos coa cultura: Semana Santa 2026 no Real Mosteiro de Oia
O Real Mosteiro de Oia abrirá as súas portas ao público durante a Semana Santa 2026, do luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril, cun programa de visitas guiadas todos os días que permitirá percorrer os diferentes espazos do mosteiro e os seus xardíns, mergullándose na historia dun dos monumentos máis emblemáticos de Galicia.
Un ano máis, a Fundación Bretal, responsable da dinamización cultural do edificio, ofrece aos visitantes un percorrido renovado, adaptado ao estado actual do monumento e ás intervencións realizadas no marco da súa recuperación. Estas visitas permitirán coñecer novos espazos e descubrir datos que lanzan luz sobre a historia do Mosteiro, ofrecendo unha experiencia diferente e enriquecedora

Información práctica
- Datas: lunes 30 de marzo - domingo 5 de abril.
- Horario de visitas: 11:30 | 16:30 | 18:30h.
- Tarfas
- Xeral: 9€
- Reducida: 6 € (familias numerosas, maiores de 65 anos, desempregados, nenos de 7 a 14 anos e persoas con diversidade funcional).
- Menores de 7 anos: entrada de balde.
Recomendacións: O Mosteiro atópase actualmente en estado de ruína consolidada, polo que se aconsella acudir con roupa e calzado cómodo, preparados para explorar os distintos espazos do cenobio e os seus xardíns. As visitas guiadas adáptanse cada ano ao estado do monumento e ás intervencións arqueolóxicas e de restauración que se van acometendo, consolidando ao Mosteiro de Oia como un espazo onde historia, cultura e patrimonio atópanse.
🎟️ Entradas e reservas: Compra a túa entrada aquí.
Non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia cultural única esta semana Santa no Real Mosteiro de Oia. Esperámosche!