Ir al contenido
Iniciativas culturais

¡Non perdas o I Certamen de fotografía Mosteiro de Oia!

Mosteiro de Oia

O Mosteiro de Oia presenta o seu I Certame de Fotografía, unha iniciativa destinada a fomentar, recoñecer e difundir a creatividade na fotografía centrada neste emblemático cenobio cisterciense a beiras do Atlántico. O certame conta cun padriño de luxo: HECTOR SANTOS-DEZ, recoñecido fotógrafo profesional.

O obxectivo é premiar aquelas imaxes que reflictan o espírito único do Mosteiro de Oia, xa sexa do seu interior, o seu exterior ou a contorna que o rodea, sempre mantendo o monumento como protagonista.

CÓMO PARTICIPA

  • Participación de balde: non require inscrición previa.
  • Temática: fotografías do interior ou exterior do Mosteiro.
  • Formato: JPG/JPEG, máximo 15 MB, con título e breve texto explicativo (máx. 200 palabras).
  • Edición: permítense filtros e efectos integrados na cámara, pero non composicións que modifiquen a imaxe orixinal.
  • Acceso para fotos interiores: durante as visitas guiadas das fins de semana ou os luns de acceso gratuíto (10:00 a 14:00 h).
  • Envío: a info@fundacionbretal.com, incluíndo nome, teléfono e correo electrónico. A organización confirmará a recepción de cada traballo.

Prazos e selección

  • Período de envío: do 14 de abril ao 29 de maio (ambos inclusive).
  • Xurado: composto polo padriño do certame e membros do padroado da Fundación Bretal.
  • Selección: elixiranse 5 fotografías, que se publicarán nas redes sociais do Mosteiro (Instagram e Facebook) con mención aos autores.

Premios

  • Premio do público: fotografía con máis “Me Gusta” en redes sociais. Lote de produtos do Mosteiro: cunca, imán, caderno, lapis, lámina e tote bag.
  • Premio do xurado: lote de produtos do Mosteiro + 50 €.

Este certame é unha oportunidade única para que fotógrafos amateurs e profesionais capturen a maxia do Mosteiro de Oia, a súa historia e a súa contorna, contribuíndo a difundir o seu patrimonio e valor cultural a través da creatividade visual.