Ir al contenido
Iniciativas culturais
18 Outubro 2022
|

O Mosteiro de Oia presente na Asemblea Anual da Carta Europea do Císter

Mosteiro de Oia

O pasado sábado e domingo celebrouse en Citeaux, lugar de nacemento da Orde do Císter, unha nova Asemblea Anual da Carta Europea do Císter. Esta asociación reúne a máis de 150 abadías de toda Europa, promovendo o estudo e a difusión dos espazos e a historia dunha Orde que xogou un papel de gran relevancia na construción de Europa. 

Tras a súa participación o pasado mes de abril no IV Encontro Internacional de Abadías Cisterciense o Mosteiro de Oia segue reforzando a súa presenza en Europa estivo unha vez máis presente facendo escoitar a súa voz en representación de diferentes abadías, e xunto con outras abadías de referencia de Francia, Italia, Portugal, Bélxica, Alemaña ou Reino Unido entre outros países.

Tras dous anos fortemente marcados pola pandemia, tratáronse diferentes temas ao redor do patrimonio, a cultura e o ámbito económico. Tamén se profundou no maior coñecemento entre os diferentes mosteiros e os seus diferentes, falouse da certificación como Itinerario Cultural acreditado polo Consello de Europa, e visitouse a Abadía de Fontenay cuxa igrexa foi o referente para a construción da igrexa do mosteiro de Santa María de Oia no século XII.

O único mosteiro da orde á beira do océano, etapa do Camiño de Santiago, e cun carácter militar por imperativo real durante séculos, segue traballando por dar a coñecer a súa historia tanto en Galicia, como en España e Europa.

O programa cultural que leva a cabo cada ano, con máis de 6.000 visitas anuais; únese ás visitas escolares, á repercusión das diferentes rodaxes, ás exposicións como os escritos dos presos republicanos que estiveron retidos en 1937 e 1939, ou ás conferencias impartidas tras recibir invitacións en diferentes xornadas e simposiums en Europa para compartir as súas experiencias e retos.